En tempo de crise hai que agudizar enxeño e bricolaxe. A nosa casa pódese converter nun laboratorio e é que actos tan sinxelos, útiles e económicos como pegar algo que rompeu ou vernizar un moble levan implícito un proceso químico. Hai que aproveitar as vantaxes reparadoras ou protectoras que ofrecen produtos como o adhesivo, o verniz, a pintura ou algúns illantes.
Precisas engordar, tes uns quiliños de máis ou estás no teu peso? Pescuda o teu índice de masa corporal de forma sinxela coa calculadora de Casa e Fogar: non tes máis que introducir o teu peso e altura para obter o resultado.
Queres que o teu gasto enerxético sexa máis eficiente, o teu consumo máis respectuoso co ambiente e a túa capacidade de aforro doméstico maior? Propómosche dez claves que farán da túa vivenda un fogar máis sostible.
A chegada da primavera é sempre unha boa época para experimentar na cociña con novos pratos que sacien as necesidades culinarias dos máis esixentes. E é que coa entrada desta estación, multiplícanse as opcións de alimentos frescos e variados que se poden engadir á cesta da compra, produtos naturais que se poden converter na base dunha alimentación sa, completa e nutritiva.
Moitos fogares españois abastécense de bombas de gas licuado, fundamentalmente butano e propano, para ter auga quente, calefacción e lume para cociñar. Coñece os trucos para asegurarte un correcto uso da túa bombona de gas.
A maior parte dos utensilios, aparellos e produtos que manexamos na nosa vida diaria están elaborados con plástico para facilitar a súa produción e uso. Non obstante, este material tamén permite aforrar no consumo de enerxía de forma considerable.