Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Trucos
A alternativa do “tupper”

As obrigas cotiás e a falta de tempo crean en moitas ocasións a necesidade de comer fóra de casa. Xorde así un cambio nos hábitos alimenticios que, porén, non impide levar unha dieta equilibrada.

Tanto se se come na propia oficina como se se almorza nun restaurante. Para manter esta dieta equilibrada é necesario que o organismo reciba unha porcentaxe de calorías, das cales un 15% serán proteínas, un 55% corresponderá a glícidos e o 30% restante será para os lípidos. Estas porcentaxes poden variar en función da actividade física que realice cada persoa, aínda que o 90% dos traballos son sedentarios e o organismo realmente consume moi poucas calorías. 

O concepto de comer, entendido como o sentarse á mesa e poder gozar  de varios pratos degustándoos a pracer, parece ser un concepto cada vez máis esquecido na sociedade do século XXI. Inmersas no remuíño do traballo, moitas son as persoas que recorren a menús caseiros e distintas combinacións de alimentos coas que poder saciarse en tan só uns  minutos. Os “tupper” no lugar de traballo convertéronse en algo tan habitual que en moitas empresas se conta cun espazo con microondas e incluso frigorífico, onde poder quentar a comida. 

Como o habitual é madrugar e en moitas ocasións non se almorza de forma consistente, ao pouco tempo o estómago acostuma reclamar un pouco de atención. É importante almorzar ben porque así se evita picar entre horas ou excederse á hora de xantar. Aínda así, para media mañá pódese levar queixo de Burgos, baixo en graxa, uns iogures, aos que engadir anaquiños de froita, ou ben comer unha peza enteira. 

Evitar doces e embutidos
Unha vez chegada a hora de comer, as hamburguesas e os bocadillos poden ser unha opción puntual, pero non a máis recomendábel para seguir durante un tempo prolongado, xa que conteñen moitas calorías e non son unha comida equilibrada. Se se acude a un “fast-food”, é recomendábel evitar os refrescos, que conteñen gran cantidade de azucre, as versións “dobre” e substituír as patacas fritas por ensaladas. Os alimentos precociñados só deben utilizarse moi esporadicamente e cómpre evitar os doces, os pasteis industriais e os embutidos, aínda que resultan fáciles de levar. 

Se se dispón de máis tempo, pódese elixir entre os numerosos restaurantes que ofrecen menús do día. Para que esta opción sexa tamén o máis equilibrada posíbel, cómpre evitar os gratinados, os pratos con rebozados e non abusar dos fritos. Cando se pidan peixes ou carne, é mellor acompañalos de vexetais ou ensaladas e evitar mesturalos con arroces e pastas. 

Algúns pratos poden planificarse con tempo en casa e logo conxelarse en pequenos “tupper”  de ración, de forma que tan só haberá que sacalos no momento en que sexa necesario. É importante que o proceso de desconxelación se realice no frigorífico, para evitar os xermes e igualmente cómpre ter en conta que estes recipientes deberán gardarse nun lugar frío ata que se consuman e evitar deixalos no coche ou na propia oficina. 

Menú variado
Para que comer de “tupper”  non se converta nun acto monótono, é importante non repetir os pratos. Unha das vantaxes destes recipientes é que serven para quentar directamente os alimentos e practicamente non afectan ao seu sabor pero o inconveniente é que as súas dimensións enganan e como a súa capacidade é bastante maior do que parece a simple vista, hai que evitar inxerir racións excesivas. 

Entre os primeiros, pode prepararse unha sopa, crema de cabaciña, gazpacho, ensaladas tradicionais, mixtas, de endivias con Roquefort, de arroz (con verduras, pasas e piñóns) ou de pasta (con atún, olivas, pementos, tomate… as opcións son moi numerosas), legumes ou minestras de verduras. O problema das ensaladas é que se oxidan se se preparan con moito tempo de antelación. Unha alternativa pode ser levarse un tomate e aliñalo alí mesmo. 

Os expertos en Nutrición recomendan principalmente as legumes, os cereais e as verduras, mentres que as graxas quedan en segunda fila. Poden prepararse pratos que combinen os hidratos de carbono coas verduras e as proteínas. Entre as sobremesas, a froita é a mellor opción. 

Algunhas alternativas son baixas en graxas como unha ensalada de vexetais con queixo, a peituga de polo á prancha con verduras fervidas ou os sandwiches vexetais. Como segundos, o polo, tanto en salsa como en filetes é un recurso moi socorrido. Outra opción son os filetes de carne e os peixes, preferibelmente á prancha, que poden levar a salsa aparte e mesturala ao quentar todo no microondas (así os alimentos estarán máis zumarentos). Tamén poden acompañarse de gornicións de verduras (xudías verdes, champiñóns, cebola, cenoria, ervellas…)

Como sobremesa, ademais dos iogures e o queixo fresco, os flans e sobre todo, a froita (por separado ou en ensaladas), xa que ten poucas calorías pero é unha fonte de vitaminas, fundamental para o organismo.

26 de marzo de 2007


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.