Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Suxestións do chef
Comer suspendidos no ar

A empresa belga Dinner in the sky ideou unha forma de dar comidas no ar, a entre 40 e 50 metros de altura, o que lle axudou a ser recoñecido pola prestixiosa revista Forbes como un dos poucos restaurantes máis raros ou extravagantes do mundo.

Hai experiencias para todos os tipos e cores, aínda que algunhas son para persoas sen ningún tipo de medo, sobre todo sen vertixe. 

A unha compañía belga chamada Dinner in the Sky ocorréuselle a idea de ofrecer ceas nunha mesa con dimensións de 9 por 5 metros, unha rotación de 180 grados e suspendida a 50 metros do solo. 

Tal e como se describe, a comida ofrecerase no ar nun soporte metálico no que os comensais estarán comodamente sentados, hai espazo para ata 22 persoas, que serán atendidas por tres chefs que farán que a experiencia sexa inesquecíbel. 

Ao estar no ar os convidados estarán atados á cadeira mediante un cinto de seguridade como o dos avións ou o das atraccións. E é que está idea mestura e aglutina o comer e as sensacións que provocan os parques de atraccións.  

No medio da mesa establécese unha barra centrada na que o chef e o camareiro desempeñarán os seus labores e colocarán os pratos. 

Case 8.000 euros
Un capricho que se poden dar uns poucos, porque o acontecemento custará en torno aos 8.000 euros durante 8 horas. No prezo inclúese o aluguer da mesa e a grúa, a comida así como o pago dos camareiros irá a parte. Pero pode merecer a pena o gasto para chamar a atención e sorprender aos convidados. Tamén existe a posibilidade de reservar menos minutos a mesa e a grúa co que o prezo descenderá e será máis accesíbel para quen queira comer nun menor tempo. 

Desta forma o usuario poderá comer co valor engadido de gozar da paisaxe e do lugar que desexe. Elixirá o destino no que poderá pasar un bo rato, xa que poderá optar por comer no monte, na praia ou ao lado de edificios emblemáticos como o Guggenheim en Bilbao, a Xiralda de Sevilla ou as Torres Kio en Madrid. 

Calquera sitio poderase elixir coa petición das licenzas pertinentes, o que lle valeu a Dinner in the Sky que fose seleccionado pola prestixiosa revista de negocios Forbes como un dos dez restaurantes máis raros do mundo, o que non se asegura é unha boa dixestión ou que entre un ataque de nervios pola altura, por iso antes de elixir está opción deberase ter claro que non se ten, polo menos vertixe. 

9 de xullo de 2007


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.