Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > De dieta
Unha dieta ben vitaminada
Vitaminas

Unha alimentación sa e equilibrada debería achegar ás persoas todas as vitaminas e nutrientes que o seu corpo require e, polo tanto, non necesitar ningún tipo de suplemento. Non obstante, os complementos vitamínicos convértense en necesarios en determinadas ocasións.



Polo xeral, a alimentación actual adoita presentar unha serie de carencias en canto a minerais e vitaminas que son esenciais para o correcto funcionamento do organismo. Os alimentos que se consomen a diario conteñen diferentes cantidades de hidratos de carbono, proteínas, graxas, vitaminas e minerais, pero ningún alimento en si mesmo pode proporcionar todos os nutrientes que se necesitan. Polo tanto, unha alimentación equilibrada debe conter unha ampla variedade de alimentos, de cada un dos grupos da pirámide alimenticia. Non obstante, estímase que hoxe en día, arredor do 10% da poboación prefire consumir suplementos vitamínicos de xeito frecuente como forma de combater situacións de estrés, esgotamento físico e mental ou unha dieta desequilibrada. Unha porcentaxe non moi elevada se se compara co Reino Unido (39%) ou Alemaña (43%). Os expertos estiman que é un consumo que vai en aumento, xeralmente en primavera e outono e pola vía da automedicación, deixando de lado o consumo dunha dieta equilibrada. Ademais, hai que ter en conta que todos os suplementos vitamínicos non son en si naturais, xa que están fabricados en laboratorios por medio da combinación de elementos químicos separados, é dicir, sintetízanse quimicamente. Só entran de fóra

As vitaminas son elementos reguladores do organismo, sen achega calorífica e moi importantes en procesos biolóxicos. O sistema orgánico non as produce por si mesmo pero son fundamentais e, polo tanto, hai que incorporalas a través de certos alimentos porque o corpo humano non pode sintetizalas. Son excepcións a vitamina D, que se forma na pel ao expoñernos ao sol, e as vitaminas K, B1, B12, así como o ácido fólico, que se forman na flora intestinal en pequenas cantidades. Existen dous tipos de vitaminas: as liposolúbeis (A, D, E, K) que se disolven en graxas e aceites, e as hidrosolúbeis (C e complexo B), que se disolven en auga. En determinadas ocasións faise necesaria a inxestión de suplementos vitamínicos, como no caso das dietas vexetarianas ou en persoas que padezan algún tipo de alerxia alimentaria, que necesitan a longo prazo suplementos de B12. Durante o embarazo aumentan as necesidades de vitaminas B1, B2, B6 e ácido fólico. Unha vez nacido o bebé e durante a lactación hai que controlar que as achegas de vitamina A, B6, D, C e ácido fólico sexan suficientes. A medida que os nenos van crecendo non deben faltar as vitaminas A, C, D, B1, B2 e ácido fólico, e xa na terceira idade adoita ser conveniente unha achega suplementaria de vitaminas A, B1, C e ácido fólico. Tamén se recomenda vitamina D nos casos nos que se trate de persoas que non saian á rúa e, polo tanto, non reciban a acción directa dos raios de sol sobre a pel. Ademais, as enfermidades que afectan ao aparato dixestivo, as intervencións cirúrxicas do estómago ou insuficiencias renais adoitan ser unha boa razón para inxerir suplementos. Efectos secundarios

Por outra banda, convén controlar a inxestión das vitaminas porque aínda que non é frecuente, poden producirse algúns efectos secundarios: O consumo excesivo da vitamina A pode producir enfermidades do fígado e, no caso das embarazadas, supoñer problemas para o feto ou abortos. En nenos, a toxicidade desta vitamina pode causar dor de cabeza, náuseas, vómitos, mareos, visión dobre e edema cerebral. As doses elevadas de vitamina B6 (piridoxina) poden causar lesión grave da sensibilidade nerviosa, detectada en mulleres que toman elevadas cantidades desta vitamina para aliviar os síntomas da súa síndrome premenstrual.   En canto á vitamina C, as doses elevadas poden producir cálculos no ril ou anemia. Os niveis tóxicos de vitamina D poden producir uns niveis sanguíneos de calcio excesivamente elevados, estrinximento, insuficiencia renal, náuseas, debilidade e pedras no ril. A vitamina E en doses elevadas pode incrementar a acción anticoagulante da cumarina, co que se aumenta o risco de padecer hemorraxias. Pola súa banda, unha dose excesiva de ferro provocará náuseas e diarreas, así como problemas no páncreas, fígado e corazón.   Decátate do que  comes no noso buscador  de calorias 

8 de xullo de 2005


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.