O boom da comida sa - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > De dieta
O boom da comida sa

A chegada do bo tempo incrementa os desexos de estar en boa forma física, as dietas saudables convértense na opción máis demandada e os restaurantes únense a esta oferta, incluso no formato de comida rápida.

Preto dun cuarto da poboación española come diariamente fóra da casa, unha tendencia que continúa en alza. Este feito leva a moitas persoas a buscar a oferta máis sa, especialmente nestas datas, nas que os ximnasios se enchen de clientes decididos a pórse en forma. 

Despois de sacrificarse por estar ben, non merece a pena botar todo pola borda, comendo un exceso de calorías, graxas e azucres. Os restaurantes son conscientes disto e hoxe en día, na súa oferta diaria poden atoparse menús non só para clientes vexetarianos, celíacos ou diabéticos, senón tamén dietas saudables para aquelas persoas que queiran degustar unha alimentación sa e equilibrada. 

Iniciativa gobernamental

Neste sentido, o Ministerio de Sanidade e Consumo a través da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición está desenvolvendo unha iniciativa a favor dunha dieta máis equilibrada. Os restaurantes interesados comprométense a ofrecerlles menús equilibrados aos seus clientes e a cumprir un decálogo de “mandamentos” nos que se contempla que, polo menos un de cada tres primeiros pratos sexan hortalizas, verduras ou legumes. Estas tamén se ofrecen como gornición alternativa nos segundos pratos, substituíndo así ás habituais patacas fritas. 

En canto aos segundos pratos, os restaurantes de comida sa promoven os pratos de peixe e as preparacións que non supoñan unha gran cantidade de graxa, empregando preferentemente técnicas ao forno, á prancha, á grella ou en salteados. Nas sobremesas non debe faltar nunca a froita fresca, os froitos secos ou os zumes naturais. 

Por outra parte, cando acodes a estes restaurantes podes atopar menús baixos en sal que ofrecen condimentos alternativos, pan integral en lugar do habitual pan branco, aceite de oliva para aderezar os pratos e tamén a posibilidade de pedir menús completos a base de medias racións, co que a cantidade total de comida que vas inxerir sempre será menor. 

Restaurantes biolóxicos

Outra alternativa alimenticia constitúena os restaurantes biolóxicos, nos que se ofrece desde pratos clásicos como hortalizas de tempada ou arroz integral con verduras ao vapor ata suculentas ensaladas, pratos de pasta, sopas e cremas. Nalgúns establecementos tamén se ofrece carne biolóxica. 

Dentro do ámbito urbano, o fast good é outra alternativa sa, rápida e de calidade especialmente para aquelas persoas que dispoñen de pouco tempo. Os establecementos nos que se serve este tipo de comida sa promoven os alimentos frescos, a utilización do aceite de oliva e a preparación dos pratos ao instante, receitas lixeiras que eviten a sensación de pesadez e que se alternan con outras de pratos tradicionais nos que se inclúen ingredientes máis saudables. As cadeas de comida rápida tamén solicitaron o consello de expertos en comida saudable para mellorar a calidade dos menús que ofrecen. 

 

Artigos relacionados

Comer san fóra da casa

Dietas axeitadas ao deporte

14 de abril de 2008


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.