Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > De dieta
Mellora a túa saúde intestinal
Vaso de leche

Os alimentos prebióticos conteñen substancias non dixeríbeis que estimulan o crecemento de certas bacterias da flora intestinal e que favorecen diversas funcións do organismo. Enmárcanse dentro dos denominados "alimentos funcionais" e son unha nova opción natural dentro da alimentación diaria que se pode atopar na sección de lácteos dos supermercados.

 Nos últimos alcanzaron gran popularidade este tipo de produtos alimenticios, que inflúen de modo positivo na flora intestinal do organismo e na saúde en xeral.  Cada vez hai maior constancia da importancia de manter unha dieta equilibrada en beneficio da propia saúde e alimentos como estes contribúen a previr posibles doenzas. O aparato dixestivo alberga unhas 400 especies de bacterias. Algunhas son chamadas beneficiosas, mentres que outras son bacterias patóxenas, produtoras de enfermidades que a miúdo invaden certas partes do organismo. O consumo de produtos prebióticos pode axudar a rexenerar a flora intestinal, previr as infeccións e o desenvolvemento de enfermidades graves, como a colite ulcerosa ou o cancro de colon. Son substancias que non son dixeridas polo organismo, senón que serven de alimento para grupos específicos de bacterias que están no intestino. Desta forma pódese conseguir que aumente a porcentaxe das que favorecen o organismo mentres diminúe a flora intestinal máis agresiva. Alimentos funcionaisTanto prebióticos como probióticos son coñecidos como "alimentos funcionais" xa que son produtos enriquecidos que non só achegan beneficios nutricionais a quen os inxire, senón tamén outros que lle permiten mellorar a súa saúde.  Entre os prebióticos, as substancias máis coñecidas son a inulina e a oligofrutosa, que se poden atopar en espárragos, cebolas, allos ou plátanos. Ao inxerírense, son transformados polas bacterias da flora intestinal e fermentan no colon. Diversos estudos demostraron que os prebióticos facilitan a absorción do calcio, do magnesio e do ferro, a que podería mellorar a densidade ósea e previr a osteoporose. Por outra banda, contribúen a mellorar o perfil lipídico e a reducir os niveis altos de triglicéridos e a favorecer a súa metabolización no fígado. Describíronse efectos sobre o colesterol, son moi eficaces na mellora do estrinximento crónico e formúlase que puidesen ter un efecto preventivo do cancro de colon. En ocasións, adoita xurdir certa confusión á hora de distinguir entre alimentos prebióticos e probióticos. Os primeiros son substancias que se atopan en alimentos como o allo, a cebola, as alcachofas ou as remolachas. Serven de alimento ás bacterias e favorecen o crecemento selectivo das bacterias intestinais beneficiosas como as bifidobacterias e os lactobacilos. Tratamento simbióticoEn canto aos probióticos, son produtos con bacterias vivas que se inxiren como suplemento alimenticio e que exercen un efecto beneficioso sobre a flora bacteriana do intestino. A característica que define a un microorganismo como tal é que poida sobrevivir aos efectos dos zumes gástricos e dos sales biliares chegando activo ao intestino groso para levar a cabo as súas funcións beneficiosas. A maior parte destes, coñecidos como lactobacilos e bifidobacterias, atópanse sobre todo en produtos lácteos fermentados como iogures e queixos. Segundo estudos recentes, demostrouse o seu efecto beneficioso en casos de diarreas, colon irritábel, vaxinite, infeccións do tracto urinario, estrinximento, gripe, intolerancia á lactosa, hipercolesterolemia e alerxia alimentaria entre outras doenzas, polo que se recomenda a súa inxesta diaria co fin de manter niveis elevados no sistema dixestivo. Por outra parte, a combinación de prebióticos e probióticos, que dá orixe ao denominado "tratamento simbiótico", demostrou unha redución significativa da expresión das moléculas implicadas nos procesos inflamatorios de colite ulcerosa.  Na actualidade, os estudos xiran acerca da prevención e do tratamento de enfermidades inflamatorias intestinais como a colite ulcerosa e a enfermidade de Crhon, unha forma de inflamación crónica do intestino que se manifesta por dores abdominais, diarreas e perda de peso. Aféctalles habitualmente ás últimas zonas do intestino delgado pero pode estenderse por calquera parte do tubo dixestivo, mesmo a boca. É unha doenza que non ten cura e hoxe en día trátanse exclusivamente os síntomas, intentando que os períodos de remisión sexan o máis longos posíbeis.

6 de marzo de 2006


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.