Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > Casa e fogar >
Gastronomía de verán

Co regreso da época estival, volven á mesa algúns pratos tipicamente estivais. Cada punto da xeografía española conta coas súas especialidades e, en conxunto, a oferta é inmellorábel.

Verán é sinónimo de comidas lixeiras á sombra fresca das terrazas. A forte calor ambiental fai que o propio corpo rexeite as inxestións copiosas pero, ao mesmo tempo, precisa recuperarse do desgaste que produce a sobreactividade nesta época do ano. Por iso é necesario inxerir pasta, legumes, cereais, arroces e alimentos que acheguen vitaminas e minerais. 

Chega a hora do aperitivo e qué mellor que achegarse a comer unhas gambas, especialmente as que preparan por zonas costeiras de Andalucía como Sanlúcar de Barrameda, cocidas no seu punto de sal e acompañadas dun branco manzanilla. Se se prefire o peixiño frito, imaxe do sur, unha opción para degustalo é trasladarse ata os bares e as freidurías sevillanas onde se poden atopar bandexas deste típico prato, xunto a outros deliciosos bocados como bocartes en vinagre, os mariñados con allo e perexil, os adobados ou macerados con especias e vinagre como o bienmesabe, típico da illa de San Fernando, en Cádiz. Mentres, en terras galegas, elíxense racións de polbo á feira, a forma máis típica de preparalo en Galicia, tanto que a este prato se lle coñece no resto de España como polbo á galega. Unhas racións serven de petisco ata que chegue o momento da comida.  

Para comezar, ensaladas
Os produtos da horta tanto crus, asados como cocidos e ben  aliñados con aceite de oliva, achegan unha gran cantidade de vitaminas. En Cataluña, á hora de sentarse á mesa, poden atoparse refrescantes ensaladas, como a esqueixada, elaborada con verduras e bacallau, os arroces ou verduras como a escalibada, a base de berenxenas, cebolas, tomates e pementos asados.  

L'empedrat é outro prato típico, unha ensalada de feixóns moi nutritivos, refrescante e saborosa e o xatò unha magnífica combinación de produtos do campo cos da mar, en forma de ensalada. Tamén se poden atopar outras variedades de ensaladas terra dentro como o mojete manchego, unha comida típica de pastores, que se serve fría en cazola de barro ou a piriñaca, típica de Andalucía, que acostuma acompañar peixes asados á grella ou marisco en forma de salpicón. En Sevilla coñécese como picadillo, en Huelva como almorraque, en Granada como pipirrana e en Xaén como cascaflote.

Pero se hai un prato que evoca o verán, este sen dúbida é o gazpacho, unha versión fría das sopas de allo que se veñen cociñando desde tempos antiquísimos, a base de  tomate, cebola, allo, cogombro, pemento verde, pan, auga, sal e aceite de oliva. Aínda que estes son os ingredientes básicos, tamén admite outras variantes, en función da zona xeográfica onde se elabore. 

Unha variante é o gazpacho ‘verde’, que só engade cecimbre, mentres que o ‘branco’ ademais desta especia leva ovo frito, moito allo, vinagre e fígado de coello frito. Outras variantes son o salmorejo de Córdoba, feito soamente con tomate, ademais dos catro ingredientes básicos e servido moi espeso e o ajoblanco, unha sopa fría típica da zona de Málaga e Cádiz, composto de pan, améndoas moídas, allo, auga, aceite de oliva, vinagre e sal. Acostuma tomarse con uvas. 

Arroz e peixe
Desde Andalucía ata a Comunidade Valenciana, as terrazas énchense de turistas en busca de sol e a afamada paella, outro dos referentes da gastronomía española. En canto aos seus ingredientes, resulta difícil encontrar unha receita que se considere a “oficial” pero o arroz con azafrán admite tantas combinacións como permita a imaxinación de quen a cociña e deste xeito, pódese atopar desde caldoso con ameixas, a banda, arroz negro, da horta (con verduras), ao forno (como o preparan nas terras valencianas do interior) con polo, coello, peixe, marisco e incluso con caracois. 

Despois de comer e aproveitando a estancia en Valencia nas terrazas da capital pódese pedir unha orchata de chufa ben fresca para combater a calor. Esta bebida ten un sabor distinto e ademais é moi beneficiosa para a saúde, contén vitaminas e minerais. 

A xeografía española conta cun bo número de quilómetros de costa e localidades marítimas nas que gozar das diferentes especialidades de peixe fresco. Cando se vai achegando a hora da cea, precisamente os peixes á grella son unha das opcións máis demandadas neses días nos que o termómetro acada as cotas máis altas. A dourada á sal, tipicamente mediterránea, o salmón mariñado, o suquet de peix catalán, as luras na súa tinta, típicas do norte ou o romesco (outro característico exemplo da cociña mariñeira de Cataluña) son algunhas das infinitas variedades que ofrece a gastronomía española, tan rica en produtos como en posibilidades. E xunto a todos eles, a tortilla de patacas, símbolo gastronómico por excelencia e un sabor único tanto para comer como para cear, temperada e acompañada dunha ensalada variada.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.