Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > Casa e fogar >
Grupos numerosos e boa cociña
Cena

Presentacións con xantar incluído, reunións familiares ou comidas de negocios cun número de comensais maior do previsto, son ocasións que requiren de locais aptos para grandes grupos.


Se ademais a boa cociña é requisito imprescindíbel, ás veces non resulta doado atopar restaurantes de prestixio que conten con grandes comedores privados. Pero non é imposíbel. Cando se presenta a necesidade de organizar unha comida para un elevado número de comensais, o habitual adoita ser recorrer aos hoteis e alugar algún dos salóns cos que contan. Alí, e en función dos intereses do cliente, pódese preparar sen  problemas un servizo para grandes grupos.
 
Non obstante, o custo total pode resultar en ocasións excesivamente alto, xa que ao importe da comida hai que unir o da contratación do local. Por outra banda, a oferta gastronómica que ofrecen os hoteis ás veces non adoita ser a esixida polo cliente.
 
Non cabe dúbida que organizar eventos para máis de vinte persoas pode resultar complicado, especialmente se se desexa obsequiar os comensais cun menú para padais esixentes, pero existen estabelecementos que contan con grandes espazos que poden ampliarse ou reducirse en función das necesidades e onde un servizo profesional serve cociña de calidade. Unicamente é necesario concretar os compromisos con antelación, de cara a organizar o xantar con todo detalle.
 
Masías catalás
Barcelona conta co restaurante La Dama, un edificio e restaurante art decó, clásico da cidade. Nel poden degustarse menús con prezos a partir de 60 EUROS, onde un impecábel servizo non só ofrece unha refinada cociña catalá, senón tamén pratos franceses entre os que destacan os ourizos de mar ao cava ou o gratinado de lumbrigante. Serve carta de tempada e menús personalizados a grupos de ata 50 comensais.
 
En Barcelona atópase tamén un dos mellores de toda a cidade, o Can Travi Nou, un antigo edificio do século XVIII rodeado de vexetación. Consta de varios salóns con diferente capacidade, e dispón de salas privadas para reunións de empresa ou familiares. A comida é exquisita, con porcións abundantes e pratos están elegantemente presentados. Tamén moi ben elaborada a oferta da carta e do menú, que permiten elixir entre diferentes prezos e a adega, moi completa, con caldos de excelente calidade. Ademais, fálanse varios idiomas. Outra opción é acudir a Masía Juliá, con salóns de ampla capacidade, todo dentro da decoración rústica dunha masía catalá típica e coa posibilidade de realizar proxeccións audiovisuais para as empresas.
 
Un edificio con historia en pleno Madrid dos Austrias é o palacio de Anglona, típica casa nobre española que data do século XVII, en cuxos baixos se sitúa na actualidade o restaurante do mesmo nome. Dispón de sete salóns, especialmente ideados para reunións de empresa ou celebración familiares, nos que degustar medallóns de solombo ao viño tinto con foie, entre outras especialidades.
 
Sen abandonar a capital, unha boa opción pode ser o Teatriz, restaurante de comida creativa situado nun antigo teatro de principios de século. Á entrada hai unha barra de tapas, as mesas dispóñense no que antes era o patio de butacas e o escenario está ocupado por un bar. Ademais, conta cun reservado para 60 comensais na planta baixa. As súas especialidades son o carpaccio de solombo e a ensalada de lumbrigante.
 
Tamén en Madrid se atopa o restaurante Terraza del Casino, concibido dende a súa creación como un lugar de encontro e celebración de reunións privadas. Data de 1903 e conta cunha das terrazas máis atractivas da cidade na que gozar dunha cociña de calidade. Para os máis esixentes existe a alternativa dun menú degustación, doado de combinar con algunha das súas múltiples variedades de tapas.
 
Cociña tradicional e de autor
Bilbao conta, dende hai varios anos, co restaurante Etxanobe, situado no Palacio Euskalduna, onde Fernando Canales deleita coa cociña de autor. No seu local hai posibilidade de reunir ata 80 comensais. Moi preto atópase o restaurante Guggenheim Bilbao, dirixido por Martín Berasategi, que conta con comedor privado para 30 persoas, carta, menús degustación e especiais para grupos, todo iso dentro dun ambiente vangardista, acorde coa liña do museo.
 
Atravesando a xeografía chégase ata Sevilla, e no centro da cidade atópase El Cabildo, un restaurante de dúas plantas que conta con varios salóns de distintas capacidades, especialmente indicado para convencións, incentivos, congresos e grupos turísticos. Nos seus fogóns prepáranse excelencias da cociña mediterránea e andaluza.
 
Sen abandonar Andalucía, outro referente da restauración en Granada é Paco Martín. A súa cociña é tradicional, con toques creativos e unha especial énfase na gastronomía andaluza e granadina. Atópase na zona histórica da cidade e dispón de 225 prazas nun único salón, especialmente indicado para comidas de empresas e todo tipo de celebracións.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.