Os pilotos Repsol, preparados para o reto holandés - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Os pilotos Repsol, preparados para o reto holandés

Copy Repsol

Dani Pedrosa: “Desde a carreira de Barcelona, o que fixen basicamente foi descansar para que a cadeira puidese mellorar o máximo posible. Aínda que non pasou moito tempo, pouco máis dunha semana, atópome bastante mellor agora que xusto despois da carreira, tras a que acabei exhausto. Sinto con confianza de cara á fin de semana e agora só queda ver como nos vai cando empecemos a rodar o xoves.

“A miña intención é correr sen infiltrarme, porque pouco a pouco analxésicos perden a súa eficacia e non quero ter que depender deles. Xa veremos como me sinto cando empece a pilotar. Assen é un circuíto que me trae bos recordos, xa que aquí gañei o meu primeiro GP e sumei varios podios. Os últimos cambios realizados cando acurtaron o circuíto eliminaron parte do seu carácter, pero segue requirindo moito compromiso para trazalo ben, en especial os rápidos cambios de dirección, que esixen unha áxil posta a punto da máquina. O ambiente aquí sempre é especial, xa que é un circuíto histórico, así que xa teño ganas de volver saír á pista.” Zona Pedrosa

Andrea Dovizioso: “Teño ganas de subirme á moto desde que saímos de Cataluña a semana pasada. Realizamos unha proba moi positiva o luns tras a proba de Montmeló, e iso, unido á mellora constante que realizamos carreira a carreira, dáme moita confianza. Estou ansioso por volver ao box co equipo, seguir traballando na moto e obter un bo resultado en Assen. Acabei moi preto do podio nas últimas tres carreiras e fun recortando as diferenzas co gañador, así que estou decidido a meterme entre os tres mellores canto antes, e espero que sexa esta fin de semana. Con todo, Assen non é un dos meus circuítos favoritos. Desde que modificaron o trazado perdeuse un pouco a maxia do circuíto, aínda que teño bos recordos da carreira do ano pasado, na que acabei quinto saíndo desde a undécima posición. A pista divídese en dúas partes: unha primeira parte lenta e unha segunda máis esixente desde o punto de vista técnico. O tempo tamén pode desempeñar un papel importante en Holanda. Con todo, pase o que pase, teño ganas de saír e traballar duro co equipo.” Zona Dovizioso

Marc Márquez: “En Holanda o ano pasado xa me foi bastante ben. Ía sexto ata que se puxo a chover e caín, pero o importante é que conseguín ter boas sensacións. Así que agora espero poder ir confiado, sobre todo despois do Gran Premio de Cataluña, no que fun bastante ben. Tentaremos mellorar un pouco máis, seguir dando pasos adiante tanto eu mesmo como a moto. É un circuíto no que a aceleración é importante, precisamente o punto que quizais nos falta máis, pero teño moita confianza no traballo que están a facer en KTM. É un trazado que ten un pouco de todo, porque a primeira parte é moi lenta, e a última é moi rápida; gústame bastante.” Zona Márquez

Esteve Rabat: “O Circuíto de Assen gústame moito, porque ten curvas lentas, outras máis rápidas e un asfalto cun bo agarre. O ano pasado case gaño a carreira, púxenme primeiro na última volta, pero cometín un erro xusto ao final, así que espero poder estar diante outra vez. Vou moi ilusionado, porque creo que veño de facer unha boa carreira en Montmeló, xa non tanto polo resultado, senón polas sensacións que tivemos enriba da moto. Puidemos entender varias cousas da moto que seguro que nos vai ir moi ben nas próximas carreiras.” Zona Rabat

Scott Redding: “Non sei como reaccionará a moto en Assen, pero a min é un circuíto que me gusta bastante. Recordo que tiña moitas fochas, porque o asfalto era bastante vello, así que xa veremos que tal nos vai cando esteamos alí. Necesítase unha moto rápida, pero tamén que sexa moi áxil, porque hai curvas moi pechadas e a parte final é moi rápida.” Zona Redding

Cameron Beaubier: “Gústame moito Assen, é un circuíto moi bonito. Hai dous anos estiven alí coa Rookies Cup, e choveunos en case todos os adestramentos, aínda que na carreira estivo seco. Teño moitas ganas de ir, empezar a dar voltas e collerlle o fío ao circuíto, porque aínda serei un auténtico novato alí. Aquí, con xente tan rápida, podes seguir a algún piloto e ir afacéndoche á velocidade, porque o ritmo da Rookies comparado co de agora é evidentemente moi diferente. Carreira tras carreira, estamos a mellorar, e iso é importante, porque os tempos están moi apertados. Se damos outro pasiño adiante creo que poderei estar nos puntos, así que ese será o noso obxectivo.” Zona Beauvier

24/06/2009

Outros enlaces relacionados:

Queres levarche a casa a Honda de Dani Pedrosa?
Apoia a Dani no seu blog
Todas as citas do Mundial: calendario de 2009
Así vai o Mundial: clasificación 2009
Todos os datos estatísticos, no buscador máis completo da rede

Últimas noticias

> Positivos adestramentos de Marc Márquez en Valencia
> A bela Amsterdam: destino do Desafío Repsol


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.