
O presidente de Repsol, Antonio Brufau, inaugurou hoxe en Canadá a planta de regasificación Canaport LNG, culminando así o primeiro dos dez proxectos estratéxicos da compañía enmarcados no Plan Estratéxico 2008-2012. Antonio Brufau estivo acompañado na cerimonia de inauguración por Kenneth Irving, presidente de Irving Oil. e polo gobernador da provincia de New Brunswick, Shawn Graham.
O proxecto, realizado en asociación coa compañía canadense Irving Oil, é o primeiro deste tipo que se leva a cabo na costa leste de Norteamérica en trinta anos, e o primeiro de Canadá. A planta, cunha capacidade de subministración de ata 1 bcf/día de gas, conéctase a través do gasoduto de Brunswick coa rede que subministra a fogares e industrias en Canadá e o nordeste de Estados Unidos.
Repsol é o operador da planta, cunha participación do 75%, e subministra o gas natural licuado que alimenta a terminal, correspondéndolle a totalidade da capacidade de regasificación. A compañía comezou en 2008 a actividade de márketing na zona de Nova Inglaterra e do nordeste de Estados Unidos.
Para o presidente de Repsol, Antonio Brufau, "a construción de Canaport LNG reafirma o compromiso de Repsol co negocio do GNL e o gas natural como fontes de enerxía para o presente e o futuro. O proxecto Canaport LNG demostra a nosa capacidade para desenvolver proxectos enerxéticos de gran magnitude e complexidade".
A terminal de Canaport LNG consolida a Stream, a joint venture de Repsol con Gas Natural, como a cuarta maior transportista de GNL do mundo, con especial presenza na conca Atlántica.
Repsol desenvolve na área de GNL unha política que reforza a súa posición competitiva neste negocio, clave para o seu crecemento a medio e longo prazo. No Plan Estratéxico da compañía prevese multiplicar por catro o volume de comercialización de GNL, o que supoñerá un volume equivalente ao 50% do gas que consome España nun ano.

Miguel Martínez (Dtor. Gnral. Operaciones Repsol), Kenneth Irving, (Presidente Irving Oil), Antonio Brufau (Presidente Repsol) e Seán Graham (Gobernador de New Brunswick)

De esquerda a dereita: Kenneth Irving, (Presidente Irving Oil), Antonio Brufau (Presidente Repsol), Seán Graham (Gobernador de New Brunswick) e Jack Keir (Ministro de Enerxía de New Brunswick).
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.